PROGRAMA SOCIOEDUCATIVO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO 2015-2018

Benvid@! Presentámosche o espazo web do Programa Socioeducativo para a prevención da violencia de xénero 2015-2018 da Deputación da Coruña. Aquí poderás atopar toda a información sobre o proxecto, interesantes recursos educativos e o calendario de actividades. O obxectivo do programa é ofrecerlle ao alumnado de 3º e 4º da ESO, ás súas familias, e ao profesorado, ferramentas coas que traballar pola construción de identidades igualitarias, facendo unha especial crítica ás violencias machistas na adolescencia e á súa reprodución por medio das redes sociais, os productos audiovisuais, etc. Todo esta conectado, pero prestando atención podes SUPRIMIR O CONTROL.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DO PROGRAMA
APOIAR E AXUDAR

APOIAR a construción de identidades igualitarias, promovendo a adquisición de recursos persoais, e AXUDAR a identificar violencias machistas, especialmente aquelas máis sutís, ou case imperceptibles.

DESMITIFICAR

DESMITIFICAR o amor romántico, establecendo os límites entre o aceptable e non aceptable.

FOMENTAR E EDUCAR

FOMENTAR o pensamento crítico, procurando xerar cambios nos seus comportamentos e actitudes, así como EDUCAR en valores que faciliten o desenvolvemento persoal libre de estereotipos de xénero.

NOVAS DO PROGRAMA
suprime el controlencabez 2
Resultado do Concurso de Microrrelatos

O xurado xa elixiu o microrrelato gañador do concurso. Así que, se queres desfrutar da creación literaria gañadora só tes… Read More

suprime el controlencabez 2
Encontro coas familias

Dende o programa socioeducativo para a prevención da violencia de xénero “SUPRime o ConTRoL”, da Deputación da Coruña, convídase ás… Read More

suprime el controlencabez 2
Concurso de Microrrelatos “Suprime o control”

Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Deputación da Coruña convoca un concurso de microrrelatos “Suprime… Read More

ENTIDADE PROMOTORA
Suprime o Control
Suprime o Control
Falamos?

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR