Este concurso trasladará a unha das redes sociais máis populares entre a poboación adolescente, Instagram, as conversas sobre violencias machistas dinamizadas nas aulas. Para isto, dende o perfil do programa en Instagram publicaranse con frecuencia imaxes e frases relacionadas cos temas abordados, convidando á mocidade á facer achegas e solicitando respostas a diferentes preguntas.

Se cursas 3º ou 4º da ESO en calquera dos 14 centros educativos beneficiarios do programa socioeducativo “SUPRime o ConTRoL”, tes a oportunidade de participar neste concurso.
Ao longo do mes de novembro publicaranse 4 post na conta www.Instagram.com/suprimeocontrol/, un cada semana:
– 1º Post: Busca algún exemplo de machismo nas redes sociais (fotografías, comentarios, etc.); súbeo a Instagram desde o teu perfil e coméntao.
– 2º Post: Comparte unha noticia sobre a violencia de xénero ou que teña contidos machistas e coméntaa.
– 3º Post: Deseña o teu Gif para sensibilizar á poboación adolescente sobre a violencia machista e súbeo a Instagram.
– 4º Post: Crea un lema para unha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero.
Podes participar en todos os posts que desexes, así como facer cantas publicacións queiras en cada un deles seguindo os contidos que se marcan. Cantas máis fagas, máis opcións terás para facerte con algúns dos premios do concurso.

O prazo para participar é do día 1 de novembro ata o día 16 dedecembro do 2016 (ambos incluídos).

Xa están publicados os tres primeiros post.

1opost

2o-post

 

 

 

 

 

 

 

 

3o-post

Se queres saber máis de como participar preme na seguinte ligazónbases-concurso_instagram-sen-machismo_