Dende o programa socioeducativo para a prevención da violencia de xénero “SUPRime o ConTRoL”, da Deputación da Coruña, convídase ás familias a unha charla sobre a violencia de xénero e novas tecnoloxías, na que participará o propio persoal educador do programa e a unidade especializada da Garda Civil experta na impartición de actividades educativas sobre prevención da violencia contra as mulleres e novas tecnoloxías.

A finalidade de dita charla é sensibilizar ás familias sobre a dimensión que ten o fenómeno da violencia de xénero en adolescentes e visibilizar as súas consecuencias, así como aportar coñecementos e pautas que contribúan a prestar unha maior atención a esta problemática. Así mesmo, falarase sobre o Programa Socioeducativo que se está impartindo no centro e dos resultados e experiencias obtidas ata o momento.

As datas de cada encontro, así como as horas e lugares son as seguintes (podes descargar o cartel AQUÍ):

Cartel A3_encontros coas familias-04