Curtametraxe baseada no microrrelato gañador do concurso da Deputación da Coruña, escrito por Xián Barreiro Codesido (CPI Fonte Díaz de Touro – Biblioteca CPI Fonte-Díaz, Touro):

“Os vapores do ferro de pasar, o xabrón de fregar os pratos, o mango da vasoira. Deixa de estudar; non fai falla que traballes… Xestos de cariño detrás de miradas celosas e golpes detrás de sorrisos falsos.

Ela xa estaba farta de todo iso; quería ser libre; suprimir o control total; ser forte e voar de novo.

E sabedes que?

Fíxoo.

Entón recoñeceuse de novo diante do espello.”

A curta está gravada no propio centro, dirixida por Sergio Louzao Alonso e protagonizada por Rocío Sanín Fontenla e Xián Barreiro, coa colaboración do resto do alumnado de 3º da ESO e do profesorado.