Dado o importante papel das TICS como ferramentas de relación entre a mocidade, este programa poñerá a disposición do alumnado participante e das súas familias un número de teléfono asociado a unha conta de WhatsApp para empregar como asesoría online.

O seu obxectivo é ofrecer un punto de asesoramento estable durante o programa, resolvendo dúbidas sobre a relación entre o emprego axeitado das TICS e as violencias machistas, e reforzando tamén a accesibilidade a contidos educativos de calidade a través de dispositivos móbiles.

  • Precisas asesoramento inmediato sobre a igualdade, o bo trato, as relacións interpersoais ou violencia de xénero?
  • Na túa relación de parella danse relacións que te levan a sospeitar que estás vivindo malos tratos?
  • Tes dúbidas sobre como evitar que as novas tecnoloxías se convertan en unha ferramenta de control?
  • Queres máis información sobre os contidos educativos do programa Suprime o Control?

Contacta connosco no: 608 710 978

Ver política de privacidade na seguinte ligazón: política-privacidade-servizo

Asesoría_páxina