Para dinamizar o programa e incentivar ao alumnado de 3º e 4º da ESO dos 14 centros educativos beneficiarios do programa socioeducativo, contemplouse a realización de actividades paralelas ao desenvolvemento das sesións de traballo na aula:

  1. Concurso Instagram Sen Machismo, en conmemoración do 25 de novembro, Día da Loita contra a Violencia de Xénero.
  2. Concurso de Microrrelatos Suprime O Control, con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

 

1º CONCURSO: #INSTAGRAM SEN MACHISMO!

Este concurso trasladou a unha das redes sociais máis populares entre a poboación adolescente, Instagram, as conversas sobre violencias machistas dinamizadas nas aulas. Para isto, dende o perfil do programa en Instagram publicáronse imaxes e frases relacionadas cos temas abordados, convidando á mocidade á facer achegas.

1opost  2o-post  3o-post  4º POST

As súas achegas recompiláronse nun ÁLBUM, premiando aquelas que destacaron pola súa comprensión das violencias machistas, o seu carácter asertivo e a creatividade e orixinalidade na escrita (bases do concurso #InstagramSenMachismo).

Finalmente, o xurado para a concesión dos premios estivo constituído por:

  • Ánxela Franco Pouso – Deputada de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero
  • Silvia Seixas Naia – Equipo técnico e asesor
  • Paula Filgueiras Espasandín – Equipo técnico e asesor

E, unha vez realizadas as valoracións, decidiuse premiar as seguintes participacións:

  • David Freire Moure de 3º da ESO do CPI Plurilingüe de Vedra (Concello de Vedra).
  • Iris Cisneros García de 3º da ESO do IES Arzúa (Concello de Arzúa).
  • Marcial Casas Suárez de 4º da ESO do CPI Ponte Carreira (Concello de Frades).

 

2º CONCURSO: MICRORRELATOS “SUPRIME O CONTROL”

O obxectivo da organización deste concurso era que a poboación adolescente rompese cos mitos e ideas falsas que rodean ao amor romántico e outros comportamentos como os celos ou o control excesivo, e que son vistos como síntomas do amor e non como o posible xerme da problemática da violencia de xénero. Os microrrelatos presentados debían contar unha historia en torno á violencia de xénero entre adolescentes, o bo trato e o maltrato nos primeiros noivados, o uso das novas tecnoloxías, etc., empregando un máximo de 300 palabras e incorporando o lema “Suprime o control” no seu texto (bases do concurso de microrrelatos).

O microrrelato seleccionado como gañador do concurso foi “Metamorfose” de Xián Barreiro Codesido, alumno de 3º da ESO do CPI Fonte Díaz (Concello de Touro). Tanto o microrrelato gañador como o resto de participacións poden ser consultadas na seguinte ligazón: LER MICRORRELATOS.

metamorfose_suprime o control

O relato “METAMORFOSE” foi adaptado a un formato de guión para a realización dunha CURTAMETRAXE AUDIOVISUAL na que puido participar o seu autor Xián Barreiro Codesido, xunto coas compañeiras e compañeiros de clase. A curtametraxe é a seguinte: