Co fin de sensibilizar sobre a dimensión que ten o fenómeno da violencia de xénero en adolescentes e visibilizar as súas consecuencias, así como aportar coñecementos e pautas que contribúan a prestar una maior atención a esta problemática, leváronse a cabo encontros en cada un dos concellos adscritos ao programa –agás no concello de Frades, pois desenvolveuse de forma conxunta co concello de Mesía-. Se ben de carácter aberto, estes encontros ían destinados especialmente ás familias do alumnado beneficiario do programa.

Encontros coas familias  tordoia  Encontro cas familias. Dodro (1)

No seu desenvolvemento, membros do equipo técnico e da Garda Civil presentaron ás persoas asistentes o Programa Socioeducativo, achegaron os resultados previos e experiencias obtidas ao longo do desenvolvemento do mesmo, e ofreceron unha visión institucional e rigorosa sobre a problemática da violencia de xénero.

O calendario de realización dos Encontros coas Familias durante o curso 2016/2017 foi o seguinte:

Cartel A3_encontros coas familias-04