Durante o curso escolar 2016-2017 o Programa Socioeducativo de prevención da violencia de xénero impartiuse nas comarcas de Arzúa, Bergantiños, Ordes, Santiago e O Sar, realizando actividades de prevención e sensibilización en 14 centros educativos, para os cursos de 3º e 4º da ESO.

En cada un dos dous niveis educativos impartíronse tres sesións de traballo dunha duración de 50 minutos cada unha, organizadas en torno a diferentes eixes temáticos: a socialización e a creación dunha identidade non sexista; Intelixencia emocional e habilidades sociais; Identificación e prevención da violencia de xénero; A desmitificación do amor romántico, e A educación en valores.

Os contidos e as dinámicas das sesións abordáronse dende unha proposta aberta, adaptable á diversidade de actitudes e intereses do alumnado, fomentando unha aprendizaxe cooperativa e participativa, e empregando as TICs como principal ferramenta de aprendizaxe.

mesía_3sesión facebook arzúa 2017-04-03-PHOTO-00000280

Frades. 2º sesión b O Pino. 3º sesión. 3º A (4) Vedra. 3º sesión c

Cabana de Bergantiños. 3º sesión. 4º A (4) Cabana de Bergantiños. 3º sesión. 4º A (2) vedra 2