A Deputación da Coruña ven realizando nos últimos anos en diferentes centros de Educación Secundaria o programa de prevención de violencia de xénero Suprime o Control dirixido a alumnado de 3º e 4º da ESO. Neste curso académico 2018/2019, xa concluídas as 3 sesións do obradoiro do programa en 11 centros educativos, queremos comprobar o impacto que tiveron as sesións formativas no alumnado a través do concurso Se oprime Suprime. O título deste concurso fai alusión á idea de rachar co control nas relacións tóxicas, suprimindo este ante a aparición dos seus primeiros síntomas. A frase “Se oprime Suprime” servirá de fío condutor para o desenvolvemento do concurso.

Consulta as bases do concurso AQUÍ.