Neste curso académico 2017/2018, xa concluídas as 3 sesións do obradoiro do programa en 14 centros educativos, queremos comprobar o impacto que tiveron as sesións formativas no alumnado a través do concurso Non controles os meus sentidos. O título deste concurso fai alusión á famosa canción do grupo Olé Olé popularizada nos anos 80 que avoga por unha relación na que o home “non controle a forma de vestir nin a forma de sentir da muller”. A frase “Non controles os meus sentidos” servirá de fío condutor para o desenvolvemento do concurso.

Consulta as bases do concurso AQUÍ