Neste curso escolar 2017/2018 o programa impartiuse nas comarcas de Betanzos, A Coruña, Eume e Terra de Melide, realizando actividades de prevención e sensibilización en 14 centros educativos. Antes das intervencións nas aulas, e coa colaboración do profesorado dos centros educativos participantes, administróuselle ao alumnado un cuestionario cuxos resultados permitiron a elaboración dunha Investigación Preliminar. Ao igual que no curso pasado, houbo unha altas taxas de participación e apenas sesgos de mostraxe que puidesen condicionar a interpretación da información, un total de 530 mozas e 505 mozos de 3º e 4º da ESO.

O informe estrutúrase en 3 partes principais, comezando por “O xénero a exame”, na que se analizan os mitos do amor romántico, trazos e roles sexistas, condutas previas aos malos tratos, a identificación de condutas de acoso e control propias dunha relación tóxica, e o rexeitamento das condutas de acoso e control nas redes. Así mesmo, outros dos ítems empregados tratan de analizar o tipo de contidos audiovisuais que consumen, e por tanto, forman parte da realidade cotiá das mozas e mozos adolescentes.

Podes consultar o Informe “Date de conta (datos e contas), cos resultados da investigación preliminar do curso 2017/2018, clicando na seguinte ligazón: LER INFORME, e descargar o folleto resumo deste informe AQUÍ.