A principal actividade deste programa será a realización de obradoiros de sensibilización e prevención nas aulas en torno aos seguintes eixes temáticos: construción de identidades igualitarias; fortalecemento da intelixencia emocional e das habilidades sociais; aprendizaxes para a identificación e prevención da violencia de xénero; e a desmitificación do amor romántico.

Os contidos e as dinámicas das sesións abordaranse dende unha proposta aberta, adaptable á diversidade de actitudes e intereses do alumnado, fomentando unha aprendizaxe cooperativa e participativa, e empregando as TICS como principal ferramenta de aprendizaxe.